COMPARTIR PARKING

Compartir parking

Proxecto Compartir Parking

A bolsa de persoas para compartir aparcamento nace co obxectivo de conseguir unha mobilidade sostíbel e segura no noso concello

Aparcar nas cidades pasou a ser un problema grave que xera, á parte do estrés de non atopar onde deixar o coche, graves problemas de atascos na vía pública.

Obxectivos

Queremos posibilitar que as persoas que teñen unha praza de aparcamento e que durante o día (a noite, ou parte do día ou da noite) a deixan libre para ir ao traballo ou para estudar fóra dos municipios a poidan intercambiar (alugar ou vender) con alguén que veña traballar ou estudar na nosa cidade.

Funcionamento

É moi doado, unha vez dentro do servizo, poderás ver as ofertas/demandas que outros usuarios/as inseriron e escoller as que máis se axusten ás túas necesidades (intercambio, aluguer ou mesmo compra).
Todo completamente on-line e coa máxima rapidez, eficacia e privacidade.

Buscas aparcamento?

Se precisas unha praza de aparcamento pola zona onde traballas ou estudas e, xa que logo, só a pensas utilizar durante unhas horas do día, podes acceder a buscar praza e inserir a túa busca ou intercambio.

Ofreces aparcamento?

Se dispós dunha praza de aparcamento e durante o día ou a noite a deixas libre para ir ao traballo ou estudar e interésache intercambiala, alugala ou mesmo vendela, preme en crear praza e insire a túa oferta.

Queres modificar os teus datos ou anuncios?

Se xa es usuario/a do servizo e queres modificar os teus datos ou os teus anuncios, preme en entrar

Benvido/a e grazas por utilizar este servizo que agardamos te sexa útil.


Política de Privacidade Abre fiestra nova Aviso legal Abre fiestra nova Accesibilidade Abre fiestra nova Mapa do sitio Plan Avanza,Abre fiestra nova    Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova